XVIII XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 11 de maio de 2012

Unha vez máis, e xa van 18, as pistas do estadio de atletismo de Cangas enchéronse de cor, risas, nervios e emoción dos rapaces máis pequenos do contorno. Seguramente, o tempo axudou que a participación fora moi numerosa. Participaron os nenos e nenas dos colexios do Hío, Espiñeira, San Roque, Compañía de María, Sagrada Familia, Castrillón, Nazaret, Reibón, Tirán, Virxe Milagrosa … Ata chegou un autobús cargado cós nenos/as de Vilaboa. A todos e a todas, moitas grazas. Para os organizadores, sempre é agradable que a participación sexa elevada e que todo saia ben.
Como sabedes, os atletas para puntuar tiñan que participar nun mínimo de tres probas, aínda que a maioría dos rapaces estaban a pasalo tan ben, que participaron nas catro.
O transcurso das probas foi indo ben, máis ou menos segundo o horario establecido, pero como estabamos a tratar con rapaces pequenos, se algún lle viña un apuro no momento de saír a carreira, pois non pasaba nada, todos esperabamos a que volvera do baño que para iso estaba o tempo agradable e todos de moi bo humor.

Tanto esforzo tiña que ser recompensado e todos e cada un dos participantes levaron unha medalla. Ademais os tres primeiros de cada categoría foron agasallados cun trofeo.
Os tres primeiros clasificados de cada proba foron:
Benxamín mulleres:
1ª Laura Magdaleno
2ª Alba Pardavila
3ª Sara Mallo
Benxamín homes:
1º Lope Quinteiro
2º Gabriel Dacosta
3º Pedro Verdeal
Alevín mulleres:
1ª Ariadna Gil
2ª Sandra Souto
3ª Irene Menéndez
Alevín homes:
1º Raúl Cortizo
2º Simón Pereira
3º Borja Fernández
Minibenxamín homes: Nesta categoría houbo un erro á hora de entregar os trofeos, pero unha vez correxido, os tres primeiros son:
1º Denís Fernández
2º Bran Núñez
3º Adrián Piñeiro
Minibenxamín mulleres:
1ª Amira Pérez
2ª Inés Bernárdez
3ª Natalia Costas

Deja una respuesta