CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Portas sábado 25 febreiro 2012

Voltamos un ano máis a Portas, a este circuito nos terreos da antiga fábrica de azucre. As condicións non eran as mesmas, este ano o campeonato é un galego non un provincial, non fixo mal tempo, máis ben o contrario, demasiado bo para o mes no que estamos.

 Quitáronse as voltas con cambios de sentido de 180°, agora eran menos radicais, polo que o percorrido era distinto. Como non choveu dende hai tempo, non había  lama coa que resbalar pero o terreo estaba duro e con pequenos buratos onde torcer os xeonllos. Non se pode ter todo! E isto é un cross, hai que subir e baixar e dende logo correr para chegar antes que ninguén.

 Empezouse cos maiores, os cadetes, só tiñamos unha representante do noso club, Noa Rouco que chegou no posto 20.

 Os infantiles foron os que subiron o pódium. Os rapaces fixéronno por equipos ao quedar segundos David Lorenzo foi o primeiro en cruzar a meta no posto 23, seguíano Adrián Outeiral, Jorge Piñeiro, Andrés Obenza e Martín Souto. Nas rapazas Alba Vidal foi 3ª. Tras ela chegaron Noa García, Paula Santos, Martina Páramos, Ana Fandiño e Saray Amoedo pero quedaron 5ª por equipos.

 Os rapaces alevíns tamén quedaron 5º por equipos. O primeiro en pasar pola meta foi Aarón Domínguez, e os seguintes foron Carlos Pérez, Simón Pereira, Antón Iglesias e Aarón Fandiño. As rapazas non estaban clasificadas por equipos, pero si tiñamos dúas clasificadas individuales Sandra Souto que chegou 14 e Ariadna Gil que foi 15

Deja una respuesta