II COPA XUNTA DE GALICIA

O Club Atletismo Vila de Cangas participou este domingo 8 de marzo na II Copa Xuta de Galicia. Este campionato está considerado como o campionato galego para pista cuberta das categorías menores e celebrouse en xornada de mañá e tarde.
Os nosos atletas parecen que empezan a acadar a fama, porque foron enquisados polos xornalistas. Haberá que empezar a pedirlles autógragos, non vaia a ser que logo os vendan caros.
En canto a competición en si, houbo carreiras moi emocionantes que levantaron aos espectadores dos seus asentos, como os cincocentos dos infantís, tanto en homes como en mulleres. Tamén se superaron marcas persoais, como a de Sandra en altura, que superou o 1’38 m. Outros en cambio, notaron o esforzo feito o día anterior en Vilagarcía e non alcanzaron a marca que esperaban.

  
Polos atletas deste Club conseguírense un total de 16 medallas individuais. En canto aos resultados por equipos, o Club conseguiu proclamarse campión en infantil feminino e masculino así como en benxamín feminino. Foi subcampión galego cós equipos benxamín masculino y alevín feminino.

  
Las medallas individuais repartíronse da seguinte forma:

 

infantil
María Jesús Novo Pardavila
Campiona galega infantil en 2.000 m.l. de pista cuberta (8-3-09)

Mar Chillón Camaño
Subcampiona galega infantil en 2.000 m.l. de pista cuberta (3-8-09)
Aida Amoedo Portabales
Subcampiona galega infantil en 500 m.l. en pista cuberta (8-3-09)
Patricia Abal Herbello
Medalla de bronce infantil de 1.000 m.l. en pista cuberta (8-3-09)

Raquel Villa Carracelas
Campiona galega infantil de peso en pista cuberta (8-3-09)

Talía García Prieto
Medalla de bronce infantil de peso en pista cuberta (8-3-09)

Faustino Maquieira Prieto
Campión galego infantil de 500 m.l. de pista cuberta (8-3-09)
Campión galego infantil de triplo en pista cuberta (8-3-
Rubén Lorenzo Germade
Subcampión galego infantil de 500 m.l. de pista cuberta (8-3-09)
Pablo Castro Chapela
Campión galego infantil de peso en pista cuberta (8-3-09)

Benxamín

Saray Amoedo Portablaes
Subcampiona galega benxamín de 500 m.l. en pista cuberta (8-3-09)
Subcampiona galega benxamín de lonxitude en pista cuberta (8-3-09)

Alevín
Óscar Broullón Sotelo
Medalla de bronce en peso alevín de pista cuberta (8-3-09)

Noelia Graña Casas
Subcampiona galega alevín de 1000 m.l. en pista cuberta (8-3-09)

Alexia Vidal Martínez
Campiona galega alevín de altura en pista cuberta (8-3-09)
Medalla de bronce alevín en lonxitude de pista cuberta (8-3-09)

RESULTADOS: c080309

Deja una respuesta