XXXVIII TROFEO PEDESTRISMO VILA DE CANGAS

Domingo 4 de Decembro 2011, Alameda Vella de Cangas a partir das 10:00

REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, organizan o XXVIII Trofeo de Pedestrismo, que terá lugar o día 4 de Decembro de 2011, con saida e chegada na Alameda Vella de Cangas.

2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte
Minibenxamín 2005-06 ••Benxamín 2003-04 ••Alevín 2001-02 •• Infantil 1999-2000 ••Cadete 1997-98 •• Xuvenil 1995-96 •• Xunior 1993-94 •• Promesa 1990-91-92 •• Senior 89 ata veteranos •• Veteranos 35 anos en adiante

10:00h:Benjamín…….…………………………………….………………………………………500m.
10:15h:Alevín…………………………………………………………….……………………1000 m.
10:30h:Infantil………………………………………………….……………………………1500 m.
10:45h:Minibenxamíns………………………………………………………….………….250 m.
11:00h:Cadete Mulleres……………………………………………………………….….2000 m.
11:15h:Cadete Homes……………………………………………………….…………3000 m.
12:00 h: Carreira Absoluta: Xuvenil homes e mulleres …………………………… 6000 m.
Xunior, promesa, xenior e veteranos homes e mulleres ..10.000m.
13:00 h: Entrega trofeos

3. As inscripcións deberán efectuarse antes das 24h do MARTES 29 de Novembro. O custo da inscripción será de 2€ para os participantes das carreiras absolutas de 6000m e 10000m que ademáis levarán chip de control de tempos. No resto de categorías, a inscrición é gratuita.
As inscricións formalizaranse na páxina Web www.championchipnorte.com
As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET e as menores deben seleccionar a opción de desconto para que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto sin que lle corresponda por categoría serán borradas da inscrición.
Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a fundacion@cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data completa de nacemento, clube se ten, localidade, provincia, teléfono de contacto.
Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.

4. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización quedando ven visible a súa publicidade

5. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais

6. Será gañador do XXXVIII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a clasificado/a da proba absoluta dos 10 000 m.

7. Otorgaranse torfeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e medallas ata o décimo clasificado nas categorías escolares

8. Na categoría de Veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis de 10 atletas en cada unha delas; nese caso na entrega de trofeos desdoblaranse en dúas categorías. Veteráns Femenino ou masculino: de 35 ata 45 anos e de 46 anos en adiante

9. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento

10. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade

11. A inscripción neste XXXVIII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento

Deja una respuesta