CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE PROBAS COMBINADAS

Nas xornadas de mañá, tanto do sábado como do domingo, disputouse este campionato. En contra do que viña sendo habitual nestes anos pasados, non se celebrou en pista cuberta, senón ao aire libre de Pontevedra. Notouse que estamos en tempos de crises, poia as medallas que se entregaron foron as do criterium que se suspendera o 31 de xaneiro, con esa mesma data.

En canto a competición dos nosos atletas, cabe destacar a André Castelo Parcero, que despois de proclamarse campión da categoría promesa con 3575 puntos, conseguiu a marca mínima para o campionato de España.

Ademais de André participaron na categoría xuvenil Juanma Novo Pardavila e Álvaro Paz Domínguez, os que obtiveron a medalla de prata e o cuarto posto respectivamente.

Juanma conseguiu mellorar a marca que tiña do ano pasado en estas mesmas datas ata alcanzar os 2974 puntos e Álvaro chegou  aos 2661 puntos.

Deja una respuesta