Castellón 25-26 xulio 2011
Este fin de semana celebrouse en Castellón o Campionato de España para a categoría cadete por individual. Catro atletas do noso club participaron, Pablo Castro e Raquel Villa en lanzamento de peso e disco, Antía Román en lanzamento de xavalina e peso e Mar Chillón en 3 km marcha
Na primeira xornada os nosos atletas obtiveron dúas medallas de bronce , Raquel subiu o podium pola medalla de lanzamento de peso e Pablo pola de lanzamento de disco. Antía en lanzamento de xavalina quedou 7ª e en lanzamento de peso quedou 13ª.
O día seguinte tamén conseguíronse dúas medallas. Nesta ocasión unha de prata a acadada por Mar nos 3 km marcha e a de bronce obtida por Pablo no lanzamento de peso. Raquel acadou a 11ª posición no lanzamento de disco.
A federación española ten colgado na páxina os resultados desta competición e os videos, por si queredes ver a actuación dos nosos atletas. A destacar o final dos 3 km marcha femeninos, onde todo ocorre baixo a atenta mirada dunha xuíza. Por si tendes curiosidade, podedes velo aquí http://www.youtube.com/watch?v=TebTQmqybVc
Noraboa a todos!!!