II CRITERIUM DE MARCHA – MEMORIAL JOSEFINA ROMERO

Martes 17 de Maio 2011 (Día das letras Galegas), Cuntis.

Esta foi unha tarde moi emocionante. Podemos dicir que en xeral tódolos nosos marchadores fixéronno moi ben, e isto foi recompensado cun posto no pódium ou mellorando a marca

As primeiras en competir foron as benxamíns cun percorrido de 1 km, Valeria Fernández foi a primeira en entrar na meta obtendo un bo rexistro. Uns metros máis atrás viña Valeria Rodríguez loitando pola segunda posición, pero rematou terceira.

Nos 2 km, Andrés Obenza obtivo a terceira praza do pódium tras facer unha boa carreira, na que demostrou que sabe facelo moi ben.

Os 3 km foi unha das carreiras máis numerosas, competiron as rapazas cadetes e todos os infantiles. Este foi o turno de Mar Chillón, demostrou que por algo é a subcampiona de España. Foi destacada en toda a carreira e non tivo problemas para ser a gañadora. Noa García tamén marchou nesta carreira e aínda que non tivo un posto no pódium, conseguiu mellorar moito a súa marca.

Na última carreira saíron xuntos os 5 e os 10 km. A primeira en chegar foi Iria Piedras, xa que tiña que percorrer 5 km, rematou conseguindo o segundo posto no pódium. O primeiro en rematar os 10 km dos nosos atletas foi Angel Menduiña, sendo o terceiro da súa categoría. E antes de que pasaran tres minutos, entraba Rebeca Obenza, quen loitaba para conseguir a marca que lle permitira ir o campeonato de España. Non pudo ser nesta ocasión pero foi a segunda das promesas

Dende logo non se pode negar que fose unha magnífica xornada, foron 8 atletas e voltaron con 2 Ouros, 2 pratas, 3 bronces e 1 boa marca.

Resultados :
1 km: Valeria Fernandez – Ouro – 6:12 m.
Valeria Rodriguez – Bronce – 6.45 m.
2km: Andrés Obenza – Bronce – 12:59 m.
3 km: Mar Chillón – Ouro – 15:18 m.
Noa Gracía –4ª – 17:39 m.
5 km: Iria Piedras – Prata – 30.36 m.
10 Km: Angel Menduiña – Bronce – 54:50 m.
Rebeca Obenza – Prata– 57:24 m.

Deja una respuesta