CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Lugo, 21 de febreiro de 2009

 

 

 

Aínda que a competición era o sábado 21, nós xa marchamos para Lugo o venres 20 de febreiro. Aloxámonos no hotel Torre de Núñez, de onde saímos cós nosos catro equipos para competir no campionato galego escolar de cross.

O circuíto era moi vistoso, aínda que pesado, pois transcorría por herba mollada.  O bo tempo  axudou a concentración dos numerosos atletas das catro provincias galegas, así como ao desprazamento de moitos pais que se achegaron para animar aos seus fillos o aos compañeiros destes.

Dos catro equipos que presentabamos, tres subiron ao podio como subcampións galegos, mentres que o cuarto non conseguiu superar o 7º posto, pero por diante do colexio Abrente, equipo campión provincial de Pontevedra.

Por outra banda, hai que destacar a actuación do infantil Jesús Parcero que mantívose nunha discreta pero importante 5ª posición durante as primeiras voltas da carreira, recuperando postos na última volta e chegando campión a meta.

 

 

Os resultados foron:

Infantil feminino:

5ª María Jesús Novo Pardavila

9ª Mar Chillón Camaño

12ª Patricia Abal Herbello

23ª Alicia Dacruz Domínguez

27ª Aida Amoedo Portabales

30ª Raisa Piñeiro Herbello

 

Infantil masculino:

1º Jesús Parcero Ríos

16º Sergio Piñeiro Garrido

24º Rubén Loorenzo Germade

39ª  Faustino Maquieira Outeda

 

Alevín feminino

14º Alexia Vidal Martínez

20ª Noelia Graña Casas

22ª Estela Costas Gandón

23ª Eva Otero Pastoriza

26ª Noa Rouco Baqueiro

31º Ana Antepazo Regueira

 

Alevín masculino:

25º Abrán Santos Piñeiro

38º Pedro Acuña López

47º Oscar Iglesias Menduiña

57º Eloy Guimeráns Sobreira

60º Anxo Rodal Arca

61º Samuel Alonso Gil

 

 

Deja una respuesta