Atletas do Vila de Cangas no Campionato de España de Cross e no Campionato de España Universitario

Este fin de semana celebrouse en La Morgal (Asturias) o campeonato de España cadete-xuvenil e universitario de campo a través.

En primeiro lugar falemos do campeonato cadete-xuvenil. O certo é que era a primeira vez que tiña a oportunidade de ir coa selección galega, polo menos no que a esta modalidade atlética se refire, e non defraudou.

Despois de ter que ir o día anterior a recoller a equipación ás respectivas delegacións, o venres 25 ás 14h saía un bus de Vigo, e apartir de aí iriamos atravesando algunhas partes de Galicia para coller aos atletas restantes. A viaxe fíxose longa a pesar de ser só ata Asturias, pero aínda así foi unha grata experiencia. O sábado pola mañá fomos ata o circuíto, onde cos nosos chándales percorrimos as voltas que teríamos que correr ao día seguinte a trote a modo de quencemento. Xa pola tarde, desprazámonos ata Gijón a escoitar unha charla na que estaban presentes algunhas persoas importantes a nivel nacional do atletismo. Pouco tempo tivemos para visitar a cidade de Oviedo. Xa pola noitiña fixéronnos entrega dos dorsais e chips e a min, que me coincidía co meu cumpleanos, tiven a sorte de que mentras ceábamos me cantaran todos a coro, entre outras cousas, unha gran maneira de celebralo.
Por fin chegou o gran día, o domingo, tivémonos que erguer moi cedo, e o cambio de hora notouse máis do normal se cabe. Os nervios estaban a flor de pel, tanto que algunhas chegaron a chorar un pouquiño na cámara de chamadas. As cadetes tivemos que desenvolver unha distancia de 4000m, onde quedamos cun 11º posto por equipos que o certo é que nos supo a pouco, aínda que pola miña parte por individual quedei contenta cun 55 posto individual e 2ª galega. Os cadetes homes conseguiron o mellor posto (5ºs), os xuvenís 7ºs e as xuvenís mulleres 11ªs coma nós.

En segundo lugar, desenvolveuse o campeonato de España universitario, onde competiu a atleta do noso clube Andrea García. Participaba pola universidade de Vigo, xunto con Solange Pereira e Sandra Mosquera, e conseguiu un satisfactorio 15º posto que xunto as súas dúas compañeiras levounas a acadar o 1º posto por equipos nacional.
Mar Chillón

Deja un comentario