MAR CHILLÓN, SUBCAMPIONA DE ESPAÑA EN MARCHA

Benicassin ( Castellón) , 6 de marzo de 2011.

A selección galega de marcha desprazouse esta fin de semana ata Benicassin (Castellón). Entre os seleccionados viaxaban tres atletas do Vila de Cangas: Mar Chillón, Iria Piedras e Ángel Menduiña.

A actuación dos galegos foi, en xeral , bastante boa. O equipo xunior- xuvenil conseguiu o segundo posto na clasificación. Angel Menuiña entrou na meta no posto 14 da sua categoría, a moi escasos segundos de conseguir a marca para o campionato de España individual.

Nesa mesma categoría, as mulleres conseguiron o 5º posto. Aquí participaba a nosa atleta Iria Piedras, quen pasou estes últimos días apartada dos adestramentos por culma dunha lesión. Entrou na meta no posto 21 da sua categoría.

E, por último, quédanos resaltar a actuación de Mar Chillón.  Ela mesma veu invadida pola emoción ó comprobar que se facía coa segunda praza, pasando a ser a actual subcampiona de España de marcha en ruta. Pero iso non é todo o que hai que dicir con respeto a Mar. Parou o crono en 25 minutos e 38 segundos , o que significa que rebaixou en 15 segundos o rexistro que Lorena Luaces tiña nesta mesma categoría dende o ano 1999. Noraboa!

Deja un comentario