CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CROSS

Como xa vos tiñamos informados, o Vila de Cangas participou no campionato de España co equipo xuvenil masculino. A proba disputouse en Punta Umbría ( Huelva), no mesmo escenario que en moi poucas datas acollerá o campionato do mundo.
O equipo vencedor da proba foi A.D. Marathon. En canto a participación dos equipos galegos, os mellores resultados foron para o ADAS, que entrou no 16º posto. O Celta entrou no posto 20º.
Os atletas do Vila de Cangas conseguiron a posición nº 38 na clasificación por equipos. De todos eles, o que mellor se lle deu a proba, que contaba un percorrido de 6500 m., foi a Tomás Ocaña (posto 68). Máis atrás entraron Jesús Parcero (124º), Antón Menduiña (174º), Sergio Piñeiro (215º) e Aarón Misa.

Deja un comentario