«UN CLUB QUE É MÁIS QUE UN CLUB»

Cangas, 13 de novembro de 2010.

Neste día de gala para o Club Atletismo Vila de Cangas, reunímonos no Concello de Cangas personalidades tan importantes como:
• Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo.
• Eleuterio García, presidente da Delegación de Atletismo de Vigo.
• Toñi Queimaño, Concellal de deportes deste Concello.
• Enrique Sotelo, Concellal de grupo popular en Cangas.
• David Cal, afamado deportista olímpico de Cangas.
• Daniel Benavides, Xefe do Servizo de Deporte escolar.
• Francisco Rodal, Director Técnico do Vila de Cangas
• Mª Carmen Calvar, nutricionista que colabora có Club.
• E os atletas do Club Atletismo Vila de Cangas, os mellores atletas do mundo mundial.

O acto empezou coa foto de familia de todos. Logo, fóronse presentando cada un dos equipos, empezando polos máis pequeniños e rematando polos máis velliños.

A continuación iniciouse unha charla – coloquio . O primeiro dos invitados que falou foi David Cal. Admirou a intensa actividade do Club e animounos a seguir así. Tamén desvelou o seu desexo de ir ás próximas Olimpiadas, para o que ten que quedar entre os seis primeiros do mundial. ¡Animo, David! Ti podes.
Daniel Benavides agradeceu a colaboración prestada polo Club na tempada anterior, na que se estreaba no cargo. Manifesta que leva a impresión de que somos unha familia e un exemplo . Nós tamén lle agradecemos estas verbas.
Isidoro Hornillos agradece a invitación feita polo Club para estar este día aquí. Da os parabéns ós atletas, adestradores, directivos e familias. Di que o noso é un Club que é máis que un club.
Fran Rodal anima ós atletas a que sigan adestrando. É certo que non sempre se acadan os resultados esperados, pero o importante é sentirse satisfeito có esforzo realizado. O atletismo é un deporte individual e do traballo individual  dos atletas saen os equipos. Está contento polos resultados acadados na tempada anterior. Soña con que un día o Vila de Cangas compita na 1ª División. O principal obstáculo para logralo son os cartos, pois atletas hai no Morrazo, e moi bos.


De seguido ábrese o turno de preguntas do público que os invitados contestan.
Remata o acto facendo entrega da revista nº XV do Club, que non acadará ningún premio literario nin de ningún outro tipo, pero é a nosa revista.

Deja una respuesta