CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB 12 E SUB 14

Ourense 20 de marzo de 2021

      Coa chegada da primavera a tempada da Pista Cuberta chega oa seu fin. Expourense acolleu o Campionato Galego das Categorías Menores. Coma ven sendo norma, diputabanse baixo teito as probas de velocidade e os concursos. Para as probas de máis percorrido reservouse outra data ao aire libre. Cabe destacar a alta participación nas carreiras de velocidade, 50 e 60 m.l. A categoria Sub 10 estivo liderada en mulleres por Emma Collazo, quen rematou 4ª cun tempo de 8.51. En homes Angel Refojos foi 7º, con 8.57, Brais Garcia con 9.19 rematou no posto 31º, Alejandro Fernández correu os 50 en 9.58 e Xabier Ferral en 9.82. O concurso de lonxitude resultou o máis premiado desta categoria, Lena Curras, cun magnifico salto de 3,52 m. proclamouse Campioa Galega de Lonxitude. Samuel Corrales acadou o Subcampionato, cun mellor salto de 3,43 m. Alan Malvido pechaba a participación dos benxamins cun 8º posto na final do lanzamento de peso.



     As probas de velocidade da categoría Sub 12 son de 60 m.l. na Pista Cuberta. Iker Rial correu en 9.64 e acadou o posto 27º, das mulleres a máis rápida foi Erica Novas 9.70, Aitana Broullon 10.08 e Nahia Pintos 10.13. Miguel Fernandez completou a participación dos alevins cun 8º posto no concurso de lonxitude.



     A velocidade na categoria infantil estivo liderada por Hugo Dominguez, quen con 8.88 acadou o posto 27º, Hugo Collazo rematou en 9.14, Unai Ferral en 9.43 e Diego Garcia 9.93. Nas mulleres Estela Raña cruzou a meta en 9.62. Da man de Helena Bello chegou a victoria no concurso de pértega cunha supermarca de 2,62 m. que lle outorgaba o RECORD GALEGO. Noa Quinteiro tamén atopou recompensa co Subcampionato Galego de lanzamento de peso, ao achegar a bola ata os 8,13 m.Goretti Carballal participou en duas probas, rematou 4ª no salto de altura (1,34 m.) e 9ª nos 60 m.v. (11.29 s).



 

Deja una respuesta