COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA.

     Mentras agardamos polo 40 de maio,  esta pasada fin de semana non se deixou ver o azul do ceo. De feito, @s amarel@s recorreron a xeografia galega na súa procura, sen resultados.  O sábado 28 de maio tivo lugar en A Coruña a 30ª edición dun Premio que centrou a atención da Marcha Atlética nesta cidade, o  GRAN PREMIO CANTONES- MEMORIAL JOSEFINA ROMERO.


CjjT7x_XAAAQVMC


      Nesta proba en Ruta @s atlet@s das categorías superiores xogabanse a sua participación nos Xogos Olimpicos de Rio, pero antes diputabanse as carreiras do Trofeo Josefina Romero.  Na proba de 1Km Marcha da categoría benxamín feminino, Lara Iglesias foi 1ª con 4.52 e Gema Dacosta 2ª con 5.39. O tempo acadado por Lara mellora o Record Galego desta distancia. Na seguinte categoría Denis Fernández voltou a pulverizar o Record Galego, neste caso nos 2kms. deixando o mellor rexistro galego en 9.43.  Carlos Corredoira foi 12º na mesma proba.


CjjxbN0XAAIXCa_


     Na proba cadete feminina, sobre un percorrido de 3kms, Valeria Fernández rematou 4ª. Esmeralda Corredoira rematou 1ª da categoría Junior, nos 5 kms do circuito. 


CjjUJ_-WkAAWyHO


      O sábado pola maña disputouse nas pistas de Balaidos o II Meeting Popular de Atletismo. Contamos coa presenza de Alex Iglesias, que foi o 3º cadete na probas dos 600 m.l. cun tempo de 1:40,21. O domingo desprazouse a Ourense e foi 7º nos 1000 m.l. dentro do Ourense Termal Atlhletics Meeting. Tamén participou nesta competición Paula Martínez, rematando 5ª nos 100 m.v. cun tempo de 16.57. 

      David Lorenzo estivo en Lugo disputando os 400 m.v. no Memorial Gregorio Pérez Rivera,  rematando 3º con 59.83, preto dos 58.10 esixidos para o Cto. de España.


13329467_1094539867250949_8253820284189180022_o


Deja una respuesta